jueves, 27 de enero de 2011

Obsolescencia programada


A  obsolescencia planificada ou obsolescencia programada é a determinación, planificación ou programación do fin da vida útil dun produto ou servizo,  de modo que este torne obsoleto, non funcional, inútil ou inservible tras un período de tempo calculado con anterioridade polo fabricante ou empresa de servizos durante a fase de diseño de dito produto ou servizo.

 A obsolescencia programada foi desenvolta por primeira vez entre 1920 e 1930, momento no que a produción en masa empeza a forxar un novo modelo de mercado no cal a análise detallada de cada parte do mesmo pasa a ser un factor fundamental para lograr o seu éxito.


O obxectivo da obsolescencia programada é o lucro económico inmediato, polo que o cuidado e o respeto do aire, auga, medio ambiente e tamén do ser humano, pasa a un segundo plano. Cada produto que se volve obsoleto, supón contaminación. Iso é un evidente problema do actual sistema de produción e económico xa que non se axusta á armonía e ao equilibrio da natureza.

lunes, 3 de enero de 2011

Como pensas ti gañar o teu queixo?


TRABALLAR POR CONTA PROPIA.

Vantaxes:

  • Poido traballar cando mellor me convén, sen horarios fixos.
  • Tento marcar ata onde podo chegar, cales son as miñas metas.
  • Síntome máis realizado co meu traballo, maior satisfacción persoal.
  • Son eu quen dirixe a actividade, sen someterme ás ordes de ninguén.
  • Permite auto organización da actividade e desenvolver a creatividade propia.
  • En condicións óptimas, dá lugar a ingresos superiores e polo tanto, maior independencia económica.


 Inconvintes:

  • Esixe contar inicialmete con recursos económicos, así como un esforzo persoal importante.
  • Non necesariamente está garantizado o éxito, podendo fracasar.
  • É importante un axeitado tratamento e administración dos recursos ao longo do tempo.
  • Son necesarias a organización e disciplina.
  • Pódense dar malos períodos de ingresos.
  • Prodúcense debido á inestabilidade cargas emocionais continuamente.


TRABALLAR POR CONTA ALLEA.

Vantaxes:

  • O traballador presta os seus servizos retribuídos dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa.
  • Permítelle unha maior elección de profesión ou oficio.
  • Ten dereito á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.
  • Ten dereito á promoción e formación profesional no traballo, á dignidade, á integridade física e á non discriminación por razón de orixe racial ou étinico, relixión ou convicións, discapacidade, idade ou orientación sexual.
  • Ten dereito a vacacións retrituídas, á folga, á reunión e á liberdade sindical.
  • En caso de despedimento ten dereito a prestacións por desemprego e á indemnización no seu caso.

Inconvintes:

  • A contratación atópase moi condicionada pola situación do mercado laboral, a maior tasa de desemprego, maior dificultade para atopar un traballo.
  • Presta servizos baixo a dirección e organización doutra persoa (que se ben antes o puxemos como vantaxe de traballar por conta  allea, tamén se pode considerar un inconvinte por exemplo á hora de desenvolver capacidades e iniciativas individuais propias).
  • Os ingresos soen estar establecidos de modo bastante ríxido.
  • En momentos de recesión económica sóese acentuar a precaridade no emprego (menores salarios, ausencia de incrementos anuais, xornadas abusivas, menos medidas de seguridade e saúde no traballo, etc…).


SER FUNCIONARIO.

Vantaxes:

  • Estabilidade no emprego.
  • Percepción do salario con regularidade.
  • Menor carga emocional na maioría dos postos de traballo.
  • Mellor xornada, xeralmente intensiva, con maiores posibilidades de ocio e convivencia e máis tempo libre.
  • Maiores dereitos sociais (excedencias, permisos, axudas, etc…).
  • Formación continuada no tempo.
  • Ingresos mínimos garantizados.


Inconvintes:

  • Tes que superar unha oposición.
  • Os salarios atópanse máis regulados que noutras actividades.
  • Dáse unha maior rixidez nas tarefas.
  • Escasa marxe de manobra individual.
  • En tempos de crise son un obxectivo fácil do goberno (para mostra este ano que sofren unha rebaixa salarial media do 5%).
     

    domingo, 2 de enero de 2011

    ¿Quién se ha llevado mi queso?


       O conto ¿Quién se ha llevado mi queso? gústoume moito, porque me fixo pensar na vida e en           como teremos que enfrentarnos ao futuro. Respecto o contido, dicir que non me gustou o comportamento    de Kif , é o máis sinxelo e polo que algunha vez na vida optamos porque a todos nos dá medo enfrentarnos a un reto ou a algo descoñecido. De todas formas, se me tivera que identificar con algunha das dúas persoíñas eu faríao con Kof, penso que cando se produce un cambio se nós queremos seguir adiante o que temos que facer é asumilo e continuar en busca de algo novo.



       Se eres capaz de ver o queixo como algo apreciado, un reto, o teu traballo, a forma que tes de gañar a vida e queres ese queixo obviamente a actitude máis recomendada é a dos ratos. Na miña opinión este libro é unha forma de explicar as distintas actitudes que podes tomar ante os cambios e as súas represalias, é moi interesante.