LA BUENA SUERTE
O libro “La buena suerte” é en si un resumo, un libro de bolsillo para levar a todas partes, algo que deberiamos levar sempre con nós e ter moi presente na vida, xa que dá unha serie de consellos que nos poden guiar moi ben en cada decisión que tomamos e tamén para reflexionar sobre moitas outras que non tomamos.
Como resumo moi breve, poderíamos dicir que o que nos di este libro é a diferencia entre a sorte a secas e a boa sorte. A sorte, a secas, e o encadeamento de sucesos considerados como fortuítos ou casuais, pero a sorte e pasaxeira, dura pouco. Sen embargo, a boa sorte consiste en crear circunstancias, por iso esta última solo depende dun mesmo. Calquera pode crear boa sorte, e ademais, esta é duradeira.
A historia que nos conta é o reencontro de dous vellos amigos da infancia, David e Víctor, que por circunstancias da vida se separaron un día cando tiñan tan só dez anos e non se volveron a atopar ata moito tempo despois cando tiñan xa sesenta e catro. Sentados nun banco dun parque comezan a recordar o que foi a vida de cada un dende que colleron camiños distintos ata o momento.
Víctor, que creceu no seno dunha familia humilde que apenas tiña para sobrevivir e que incluso era axudada polos veciños que coñecían a súa situación, soubo aprobeitar as oportunidades que lle deu a vida e crear as circunstancias óptimas para mellorar e poder ascender económicamente. Dende moi abaixo, con esforzo, traballo, paciencia e sempre as ganas e a ilusión de conseguir o que se propoñía foi quen de sacar adiante unha empresa de fabricación de bolsos, que triunfou enseguida. Os cartos que gañaba ían destinados a mellorar a súa fábrica e os seus produtos, polo que triunfou na vida. Agora aos sesenta e catro anos recorda con entusiasmo estes anos da súa vida que foron para el tan felices.
Por outra parte, David, que era membro dunha familia con máis oportunidades, tivo un día a sorte de facerse cunha herencia millonaria. Da noite ao día el e a súa familia cambiou a súa casa por unha moitísimo máis grande. Ademais tamén herdou unha gran empresa textil cuns beneficios impresionantes. Mentres seu pai estivo ao mando da empresa todo foi ben, as ganancias eran cada vez maiores, pero cando David se puxo ao control produciuse un cambio. Empezaron a saír competidores ao mercado e David empezou a perder cartos. O erro de David foi que non viu que se quería seguir como ata o de agora o que tiña que facer era cambiar, e crear as circunstancias adecuadas para poder seguir sendo competente. Finalmente, o protagonista desta historia arruinouse.
Despois de intercambiar esta información, David atribúe o éxito do seu amigo e a súa desgracia á sorte. É entón cando Víctor lle conta a fábula que en tantas ocasións lle serviu a el á hora de tomar tantas decisións importantes como se viu obrigado na vida. A fábula fai referencia a esa diferencia entre a sorte e a boa sorte que expliquei antes. E como todas as fábulas, esta, tamén ten a súa moralexa, que non é outra que a receta de como crear boa sorte, baixo o exemplo dos cabaleiros.
Estes cabaleiros dos que falo, o branco e o negro, tiñan un reto que consistía en encontrar un trébol que nacería nuns días nun bosque inmenso no cal nunca pasara tal cousa. O cabaleiro negro cando dispuxo desta información deixou o seu destino en mans da sorte. Non soubo ser inxenioso e crear as circunstancias axeitadas para facerse co trébol.
Pola contra, o cabaleiro branco deuse conta de que se nunca naquel lugar naceran tréboles era porque non se deran as condicións axeitadas. Se o que quería era gañar o reto o que tiña que facer era crear boa sorte, é dicir, as condicións óptimas para que naquel bosque encantado puidera nacer o trébol. Isto foi o que fixo, informouse para saber que necesitaría, traballou duro, con ilusión, ganas e moito esforzo. A pesar de todo, sabía que as posibilidades de que o seu traballo dese froito eran mínimas, el nunca perdeu a esperanza, porque confiaba en que estaba a facer o correcto, e así foi, finalmente fíxose co trébol, co trébol da sorte ilimitada.
Tras o relato, David deuse conta de que a boa sorte non é casualidade. El empezara xa a crear boa sorte no momento en que empezou a buscar a Victor, e aquí encontrou esta historia da que aprendeu moito, e isto tampouco foi casualidade,
porque o libro de “La buena suerte” non chega a
un por casualidade.
Aquí deixo algunhas frases do libro que me sorprenderon e me gustaron moito:
- << Los problemas de los demás son a menudo la mitad de tus soluciones. Si compartes, siempre ganas más. >>
- << Muchas personas piensan que tener talento es una suerte, pocas sin embargo piensan que la suerte puede ser cuestión de talento. >>
- << La suerte favorece sólo a la mente preparada. >>
- << Que la inspiración llegue no depende de mí. Lo único que yo puedo hacer es ocuparme de que me encuentre trabajando. >>
- << Sólo aquellos que nada esperan del azar, son dueños del destino. >>
Sara Emprendedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario