lunes, 3 de enero de 2011

Como pensas ti gañar o teu queixo?


TRABALLAR POR CONTA PROPIA.

Vantaxes:

  • Poido traballar cando mellor me convén, sen horarios fixos.
  • Tento marcar ata onde podo chegar, cales son as miñas metas.
  • Síntome máis realizado co meu traballo, maior satisfacción persoal.
  • Son eu quen dirixe a actividade, sen someterme ás ordes de ninguén.
  • Permite auto organización da actividade e desenvolver a creatividade propia.
  • En condicións óptimas, dá lugar a ingresos superiores e polo tanto, maior independencia económica.


 Inconvintes:

  • Esixe contar inicialmete con recursos económicos, así como un esforzo persoal importante.
  • Non necesariamente está garantizado o éxito, podendo fracasar.
  • É importante un axeitado tratamento e administración dos recursos ao longo do tempo.
  • Son necesarias a organización e disciplina.
  • Pódense dar malos períodos de ingresos.
  • Prodúcense debido á inestabilidade cargas emocionais continuamente.


TRABALLAR POR CONTA ALLEA.

Vantaxes:

  • O traballador presta os seus servizos retribuídos dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa.
  • Permítelle unha maior elección de profesión ou oficio.
  • Ten dereito á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.
  • Ten dereito á promoción e formación profesional no traballo, á dignidade, á integridade física e á non discriminación por razón de orixe racial ou étinico, relixión ou convicións, discapacidade, idade ou orientación sexual.
  • Ten dereito a vacacións retrituídas, á folga, á reunión e á liberdade sindical.
  • En caso de despedimento ten dereito a prestacións por desemprego e á indemnización no seu caso.

Inconvintes:

  • A contratación atópase moi condicionada pola situación do mercado laboral, a maior tasa de desemprego, maior dificultade para atopar un traballo.
  • Presta servizos baixo a dirección e organización doutra persoa (que se ben antes o puxemos como vantaxe de traballar por conta  allea, tamén se pode considerar un inconvinte por exemplo á hora de desenvolver capacidades e iniciativas individuais propias).
  • Os ingresos soen estar establecidos de modo bastante ríxido.
  • En momentos de recesión económica sóese acentuar a precaridade no emprego (menores salarios, ausencia de incrementos anuais, xornadas abusivas, menos medidas de seguridade e saúde no traballo, etc…).


SER FUNCIONARIO.

Vantaxes:

  • Estabilidade no emprego.
  • Percepción do salario con regularidade.
  • Menor carga emocional na maioría dos postos de traballo.
  • Mellor xornada, xeralmente intensiva, con maiores posibilidades de ocio e convivencia e máis tempo libre.
  • Maiores dereitos sociais (excedencias, permisos, axudas, etc…).
  • Formación continuada no tempo.
  • Ingresos mínimos garantizados.


Inconvintes:

  • Tes que superar unha oposición.
  • Os salarios atópanse máis regulados que noutras actividades.
  • Dáse unha maior rixidez nas tarefas.
  • Escasa marxe de manobra individual.
  • En tempos de crise son un obxectivo fácil do goberno (para mostra este ano que sofren unha rebaixa salarial media do 5%).
     

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario