jueves, 27 de enero de 2011

Obsolescencia programada


A  obsolescencia planificada ou obsolescencia programada é a determinación, planificación ou programación do fin da vida útil dun produto ou servizo,  de modo que este torne obsoleto, non funcional, inútil ou inservible tras un período de tempo calculado con anterioridade polo fabricante ou empresa de servizos durante a fase de diseño de dito produto ou servizo.

 A obsolescencia programada foi desenvolta por primeira vez entre 1920 e 1930, momento no que a produción en masa empeza a forxar un novo modelo de mercado no cal a análise detallada de cada parte do mesmo pasa a ser un factor fundamental para lograr o seu éxito.


O obxectivo da obsolescencia programada é o lucro económico inmediato, polo que o cuidado e o respeto do aire, auga, medio ambiente e tamén do ser humano, pasa a un segundo plano. Cada produto que se volve obsoleto, supón contaminación. Iso é un evidente problema do actual sistema de produción e económico xa que non se axusta á armonía e ao equilibrio da natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario