domingo, 30 de enero de 2011

Chris Gardner

   Christopher Paul Gardner naceu o 9 de febreiro, 1954 Wisconsin un millonario emprendedor, conferencista motivacional e filántropo. Foi a inspiración para a película "The Pursuit of Happyness" interpretada por Will Smith e gañadora dun Oscar.
   Na súa infancia case non tivo modelos masculinos positivos. Dende a ausencia do seu pai Thomas Turner que vivía en Louisiana, ata o seu violento padrastro Freddie Triplett. A pesar de ser un matrimonio infeliz; a nai de Gardner, Betty Jean, foi fonte de inspiración e fortaleza para el. Ela animou a Gardner a crer en sí mesmo y ter confianza en sí mesmo.

   El foi o segundo dunha familia de catro. E tivo moi mala sorte co seu padrastro, xa que súa nai sufría continuas agresións por parte del, incluso esta chegou a ir ao cárcere dúas veces pola súa culpa. Durante eses períodos nos que a nai de Gardner se atopaba no cárcere eles estiveron nun centro de menores, e da segunda vez, tiveron a oportunidade de coñecer a un tío materno que foi como a figura paterna para eles. Unha das persoas, que xunto a súa nai máis influenciou a Gardner. Pero desgraciadamente este tío morreu afogado no río Mississippi.

   Durante a súa vida, interesouse por distintos temas como o racismo, a discriminación en África ou a música, pero finalmente acabaría como médico na Marina Estadounidense de Califronia e o Hospital de veteranos en San Francisco. Alí coñeceu á que sería a súa primeira esposa, Sherry Dyson, coa que pronto cortaría a súa relación debido a que el decidiu abandonar a súa carreira como médico.

   Tres anos máis tarde, cando aínda non tiña o divorcio de Sherry, tería un fillo con Jacki Medina, unha estudante de odontoloxía, e a partir deste momento é onde comeza a película “The Pursuit of Happiness”. Ao seu remate, Chris conseguiu un traballo na Bolsa, pero aínda que non podía vivir dignamente todavía.

   Para sumar a todo o anterior, catro meses despois da marcha da súa muller, regresou para deixarlle a outro fillo, neste caso unha nena. Agora eran tres os que non tiñan onde vivir, e foi grazas á axuda unhas prostitutas e tamén ao reverendo Cecil Williams que puideron saír adiante. Vivían nun refuxio de nais indixentes.

   Gardner traballou duro durante toda a súa vida, e a través dun exame en 1982, obtivo a licencia e un emprego en Dean Witter Reynolds. E a partir de aí estableceu a súa propia firma de bolsa de valores Gardner Rich & Co. En 2006 vendeuna nun trato multimillonario e convertiuse no fundador de Christopher Gardner Internacional Holdings.

   Agora está facendo inversións en Sudáfrica que crearán centos de traballos e introducirán millóns en inversións estranxeiras para a nación. Tamén coopera en varias organizacións filantrópicas que lle axudaron a saír adiante cando el e o seu fillo o necesitaron, así como na creacción de casas de renta baixa e oportunidades de emprego, etc…

   No 2002 recibiu o premio a Pai do Ano, o 25 Premio Anual Humanitario e en 2006 o Premio a Amigos de África.

   E para rematar, na miña opinión creo necesario decir que admiro a este home así como o seu comportamento ante a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario