O conto ¿Quién se ha llevado mi queso? gústoume moito, porque me fixo pensar na vida e en como teremos que enfrentarnos ao futuro. Respecto o contido, dicir que non me gustou o comportamento de Kif , é o máis sinxelo e polo que algunha vez na vida optamos porque a todos nos dá medo enfrentarnos a un reto ou a algo descoñecido. De todas formas, se me tivera que identificar con algunha das dúas persoíñas eu faríao con Kof, penso que cando se produce un cambio se nós queremos seguir adiante o que temos que facer é asumilo e continuar en busca de algo novo.
Se eres capaz de ver o queixo como algo apreciado, un reto, o teu traballo, a forma que tes de gañar a vida e queres ese queixo obviamente a actitude máis recomendada é a dos ratos. Na miña opinión este libro é unha forma de explicar as distintas actitudes que podes tomar ante os cambios e as súas represalias, é moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario