domingo, 30 de enero de 2011

Comentario da película "En busca de la felicidad"



   A película “En busca de la felicidad” gústoume moito. Conta  a vida dunha familia cos seus problemas e dificultades.

    Nela podemos ver como as diferentes persoas neste caso a nai e o pai se comportan de forma diferente ante a situación que a vida lles ofrece. Ambos loitan polo seu fillo e a súa felicidade, os dous teñen o mesmo obxectivo, pero cada un ten unha forma de ser e unha maneira de entender a vida diferente que os acaba levando por diferentes camiños.

    Na situación prácticamente de miseria na que se encontran, porque non teñen cartos nin para pagar a casa na que viven, a nai abandona ao seu fillo e ao seu marido. Ao principio ela decide levar o neno consigo, pero tan pronto o pai, Chris, se opón á decisión, ela non loita por estar preto do seu fillo. Despois de que ela marche da casa co fillo, Chris búscaos e cando dá con ela empezan a discutir na rúa e ela dille “ Sí, lo que quiero es irme”. Ela vai tamén en busca da felicidade, pero non se preocupa de encontrala ao lado do seu fillo, xa que finalmente este queda co pai.

   É unha película moi bonita aínda que tamén provoca unha sensación de tristeza sobre todo cando o neno, que a pesar de ser tan pequeno se dá conta da situación na que se encontran.

   O que máis me sorprendeu da película foi o momento no que Chris ten que chegar ata o extremo de facerse unha transfusión de sangue para pagar simplemente a comida do seu fillo.

   O que máis me gustou foi o comezo, cando Chris lle di ao seu fillo “Nunca dejes que nadie te diga que no puedes hacer algo” e tamén, “Si tienes un sueño tienes que protegerlo. Las personas que no son capaces de hacer algo que dirán que tú tampoco puedes. Si quieres algo ve por ello, y punto.”

   Sin duda algunha penso que mereceu a pena ver esta película.

No hay comentarios:

Publicar un comentario