Para empezar, quero decir que esta curtometraxe, “El circo de las mariposas”, pareceme unha historia increible, que nos dá a coñecer como é o mundo no que verdadeiramente vivimos, o que nós facemos tan inxusto, e como nos comportamos de cotío, aínda que sexa de maneira inconsciente.
Todos nós temos algo de cada unha das personaxes. Penso que non fai falta ter unha minusvalía como a de Will, para poder identificarnos con el. Algunha vez na vida nos sentimos mal, inferiores con respecto a alguén ou sentimos impotencia porque non nos vemos capaces de facer o que nós queremos. O caso de Will, é un exemplo de superación do que deveriamos aprender.
Normalmente, as persoas non solemos ver os defectos nun mesmo, ou non os queremos ver. Ninguén en principio se sinte identificado cos nenos que lle tiran tomates a Will. Ese, non é o tipo de persoa que ninguén desexa ser, pero todos o somos algunha vez, nalgunha circunstancia. Cando máis se semella un a este personaxe, é como na historia, de neno. Os nen@s son sempre os máis crueis, xa que debido a pouca experiencia que teñen na vida, non son quen de saber que é o bo, e que, o malo. Son os máis inocentes, por iso no curto cando o señor do circo presenta a Will como “o home ao que Deus lle deu a espalda”, eles non se decatan de que Will é un home máis como o presentador ou eles. Os nenos crense superiores e tiranlle tomates. Aínda que nós non fagamos iso, dunha forma que en principio nos pode parecer menos agresiva, nós tamén lle tiramos tomates a xente cando nos rimos dela ou somos complices diso e non actuamos para evitalo.
A figura do pai que lle dá confianza ao seu fillo para que de maior sexa o que queira, é pola que optamos cando quéremos animar a alguén para que siga adiante con un proxecto, un traballo, ou como é neste caso cun soño. Esta situación repítese a miúdo cando nós confiamos en alguén e sabemos que é capaz de facer algo, pero esa persoa non está convencida diso. Persoalmente, a min gústame ese tipo de comportamento na xente, onde se demostra qe non hai envexa, que te animan a seguir cara adiante e que confían en ti e nas túas capacidades. Ademais quero destacar tamén a do fillo, porque fai reacionar a Will cando fala co seu pai sobre o que acaban de ver. Ahí Will dáse conta de que non todo mundo o ve como alguén inútil que non pode facer nada. O neno que é optimista, loitador, está entusiasmado, etc… ve capaz a Will de traballar nun circo se el quere, tal é como se ve capaz a si mesmo de ser o home máis forte do mundo.
E finalmente queda Méndez. Este personaxe é un tipo esquemático, o modelo de persoa que a todos nos gustaría ser, xa que é capaz de ver nos demais calidades que incluso nin un mesmo pode ver en si. Dende o principio do curto, nada máis ver o comportamento que ten primeiro fronte aos nenos que lle tiran tomates a Will, así como co presentador do circo e máis tarde co mesmo protagonista, podemos imaxinarnos como será ao longo da historia. En Méndez vense moi ben reflexados moitos dos valores que unha persoa debe ter como tal. É un claro exemplo a seguir de como debemos ser e como debemos comportarnos. E penso que a principal virtude de Méndez é a capacidade que ten para tratar asuntos con todo tipo de persoas, non importa o que ten que enseñar nin a quen, el tanto lle enseña aos nenos que tiran tomates que o que están a facer non está ben, como é capaz de borrarlle o sorriso da boca o presentador, el é capaz de que os nenos entendan que iso está mal e ao tempo fai que o presentador se avergonce da súa actitude. Demóstralle a Will que é unha persoa como outra calquera, que a súa minusvalía non é motivo para que ninguén o menosprecie e axúdalle á sacarlle partido a iso de tal xeito que o final a xente acabao vendo como un artista, ensínalle a ser feliz, ao igual que a todos os demais compañeiros do circo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario