A miña opción inclínase por ser funcionaria,e iso básicamente por dous motivos:
Por unha banda, dada a natureza fixa da relación funcionarial, coas vantaxes que esta comporta (escedencias, promoción interna, permisos retribuídos, etc).
Por outra banda, tratándose de escalas superiores (diplomados ou licenciados), e acadada certa antigüidade, levan aparellado un salario que permite desenvolver unha vida desafogada, ao que ademais poderiamos engadir a gratificación persoal de prestar un servizo público de calidade aos cidadáns.
Prestar servizos por conta allea, presenta dificultades importantes, que se acentúan máis se cabe, en momentos de recesión económica ou crise, como a que nos toca padecer actualmente. Ditas dificultades concrétanse por exemplo, na inestabilidade no emprego con contratos precarios, despedimentos continuos, malas condicións de traballo, con falta de medidas de seguridade e saúde, así como baixos salarios, ás veces acompañados de impagamantos ou retrasos no puntual pagamento de salarios.
A súa vez, prestar servizos por conta propia, presenta dende o meu punto de vista maiores dificultades que ser funcionario. Para empezar, establecerse por conta propia require dun capital inicial maior ou menor para poder montar o teu negocio, o que constitúe un obstáculo importante, se tes que acudir á financiación bancaria, podendo atoparte coa negativa da banca a un préstamo ou ter que pagar uns xuros e custos elevados.
A incerteza e o risco da marcha do negocio unido aos elevados gastos de funcionamento, licencias de apertura, pago de impostos e seguridade social, requiren dun importante grao de optimismo emprendedor, que non sempre se ve acadado. Unha parte considerable dos negocios por conta propia, acaban fracasando en tempos récord (inferior a un ano/ seis meses), deixando dévedas aos seus promotores.
Manifestadas as argumentacións que preceden, en todo caso, a opción debe ser meditada e decidida poola propia persoa interesada, xa que calqueira que sexa a opción pola que opte, non se vai atopar exenta de dificultades en maior ou menor medida, e isto repercutirá de modo importante no seu futuro, e mesmo da súa familia no seu caso, tanto no plano persoal como no social e profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario