jueves, 30 de diciembre de 2010

El circo de las mariposas: Quen eres ti?










   Para empezar, quero decir que esta curtometraxe, “El circo de las mariposas”, pareceme unha historia increible, que nos dá a coñecer como é o mundo no que verdadeiramente vivimos, o que nós facemos tan inxusto, e como nos comportamos de cotío, aínda que sexa de maneira inconsciente.

   Todos nós temos algo de cada unha das personaxes. Penso que non fai falta ter unha minusvalía como a de Will, para poder identificarnos con el. Algunha vez na vida nos sentimos mal, inferiores con respecto a alguén ou sentimos impotencia porque non nos vemos capaces de facer o que nós queremos. O caso de Will, é un exemplo de superación do que deveriamos aprender.



   Normalmente, as persoas non solemos ver os defectos nun mesmo, ou non os queremos ver. Ninguén en principio se sinte identificado cos nenos que lle tiran tomates a Will. Ese, non é o tipo de persoa que ninguén desexa ser, pero todos o somos algunha vez, nalgunha circunstancia. Cando máis se semella un a este personaxe, é como na historia, de neno. Os nen@s son sempre os máis crueis, xa que debido a pouca experiencia que teñen na vida, non son quen de saber que é o bo, e que, o malo. Son os máis inocentes, por iso no curto cando o señor do circo presenta a Will como “o home ao que Deus lle deu a espalda”, eles non se decatan de que Will é un home máis como o presentador ou eles. Os nenos crense superiores e tiranlle tomates. Aínda que nós non fagamos iso, dunha forma que en principio nos pode parecer menos agresiva, nós tamén lle tiramos tomates a xente cando nos rimos dela ou somos complices diso e non actuamos para evitalo.

   A figura do pai que lle dá confianza ao seu fillo para que de maior sexa o que queira, é pola que optamos cando quéremos animar a alguén para que siga adiante con un proxecto, un traballo, ou como é neste caso cun soño. Esta situación repítese a miúdo cando nós confiamos en alguén e sabemos que é capaz de facer algo, pero esa persoa non está convencida diso. Persoalmente, a min gústame ese tipo de comportamento na xente, onde se demostra qe non hai envexa, que te animan a seguir cara adiante e que confían en ti e nas túas capacidades. Ademais quero destacar tamén a do fillo, porque fai reacionar a Will cando fala co seu pai sobre o que acaban de ver. Ahí Will dáse conta de que non todo mundo o ve como alguén inútil que non pode facer nada. O neno que é optimista, loitador, está entusiasmado, etc… ve capaz a Will de traballar nun circo se el quere, tal é como se ve capaz a si mesmo de ser o home máis forte do mundo.

   E finalmente queda Méndez. Este personaxe é un tipo esquemático, o modelo de persoa que a todos nos gustaría ser, xa que é capaz de ver nos demais calidades que incluso nin un mesmo pode ver en si. Dende o principio do curto, nada máis ver o comportamento que ten primeiro fronte aos nenos que lle tiran tomates a Will, así como co presentador do circo e máis tarde co mesmo protagonista, podemos imaxinarnos como será ao longo da historia. En Méndez vense moi ben reflexados moitos dos valores que unha persoa debe ter como tal. É un claro exemplo a seguir de como debemos ser e como debemos comportarnos. E penso que a principal virtude de Méndez é a capacidade que ten para tratar asuntos con todo tipo de persoas, non importa o que ten que enseñar nin a quen, el tanto lle enseña aos nenos que tiran tomates que o que están a facer non está ben, como é capaz de borrarlle o sorriso da boca o presentador, el é capaz de que os nenos entendan que iso está mal e ao tempo fai que o presentador se avergonce da súa actitude. Demóstralle a Will que é unha persoa como outra calquera, que a súa minusvalía non é motivo para que ninguén o menosprecie e axúdalle á sacarlle partido a iso de tal xeito que o final a xente acabao vendo como un artista, ensínalle a ser feliz, ao igual que a todos os demais compañeiros do circo.

E ti… que opinas?

   A miña opción inclínase por ser funcionaria,e iso básicamente por dous motivos:
Por unha banda, dada a natureza fixa da relación funcionarial, coas vantaxes que esta comporta (escedencias, promoción interna, permisos retribuídos, etc).

   Por outra banda, tratándose de escalas superiores (diplomados ou licenciados), e acadada certa antigüidade, levan aparellado un salario que permite desenvolver unha vida desafogada, ao que ademais poderiamos engadir a gratificación persoal de prestar un servizo público de calidade aos cidadáns.

     Prestar servizos por conta allea, presenta dificultades importantes, que se acentúan máis se cabe, en momentos de recesión económica ou crise, como a que nos toca padecer actualmente. Ditas dificultades concrétanse por exemplo, na inestabilidade no emprego con contratos precarios, despedimentos continuos, malas condicións de traballo, con falta de medidas de seguridade e saúde, así como baixos salarios, ás veces acompañados de impagamantos ou retrasos no puntual pagamento de salarios.


   A súa vez, prestar servizos por conta propia, presenta dende o meu punto de vista maiores dificultades que ser funcionario. Para empezar, establecerse por conta propia require dun capital inicial maior ou menor para poder montar o teu negocio, o que constitúe un obstáculo importante, se tes que acudir á financiación bancaria, podendo atoparte coa negativa da banca a un préstamo ou ter que pagar uns xuros e custos elevados.

   A incerteza e o risco da marcha do negocio unido aos elevados gastos de funcionamento, licencias de apertura, pago de impostos e seguridade social, requiren dun importante grao de optimismo emprendedor, que non sempre se ve acadado. Unha parte considerable dos negocios por conta propia, acaban fracasando en tempos récord (inferior a un ano/ seis meses), deixando dévedas aos seus promotores.


   Manifestadas as argumentacións que preceden, en todo caso, a opción debe ser meditada e decidida poola propia persoa interesada, xa que calqueira que sexa a opción pola que opte, non se vai atopar exenta de dificultades en maior ou menor medida, e isto repercutirá de modo importante no seu futuro, e mesmo da súa familia no seu caso, tanto no plano persoal como no social e profesional.

RANDY PAUSCH



   Randolph Frederick Pausch (1960 – 2008) foi profesor de enxeñería informática e deseño na Universidade Carnegie Mellon en Estados Unidos. Ademais escribiu varios libros, polos cales conseguiu fama mundial, entre eles destacan <>, titulado <>, discurso qe deu en 2007 na Universidade Carnegie Mellon. Finalmente o texto da conferencia adaptouse e ampliouse no libro La última lección.


    No verán de 2006, diagnosticáronlle un cancro de páncreas e comezou un tratamento moi agresivo. Despois de moitas operacións de diversos tipos, dixéronlle que era un cancro terminal. Entón comezou un tipo de quimioterapia, coa finalidade de prolongar a súa vida canto pudiera.



   O 2 de maio de 2008, puido ver como se extendera o seu cancro aos pulmóns, así como aos ganglios linfáticos do peito, etc…

    O 26 de xuño de 2008, Pausch indicou que estaba considerando a posibilidade de deter aínda máis a quimioterapia, debido aos posibles efectos secundarios adversos.


    Pero finalmente o día 25 de xullo de 2008 faleceu a causa do cancro de páncreas aos 47 anos.



    Comentario sobre o vídeo:

    Este vídeo titulado “La última lección” gústoume moito. Pareceme xenial que haxa persoas como Pausch no mundo. Ten unha forma de entender a súa enfermidade verdadeiramente sorprendente, xa que é capaz de ensinarnos e dárnos unha lección sobre a vida e os nosos soños, a pesar da circunstancia persoal na que se atopa.


    Agora que se encontra no final da súa vida, Randy Pausch séntese feliz, porque puido facer todo aquilo que el quería, e cumpriu os seus soños “porque si vives tu vida de la manera correcta, los resultados se harán cargo de ellos mismos y los sueños vendrán a ti…” Aínda que como el di noutra ocasión, para cumprir os teus soños é necesario ter uns bos pais, e el tivoos, de tal modo que en parte foi iso o que lle permitiu ser tan feliz.


    O que máis me gustou foi o feito de que el mesmo ensuciara o seu coche novo para facer ver aos seus sobriños que pouca importancia tiña para el todo o material. Tamén me sorprendeu que invitase a todos os seus compañeiros unha semana a Disney World.


    Para acabar quero dicir que admiro a súa actitude ante a vida, e que é de verdadeiros valentes mostrar esa integridade sabendo que en poucos meses morrerás, por eso me gusta moito a seguinte foto que para min mostra a persoa que leva dentro Randy Pausch, un heroe.