- Que é a OCU e a que se adica?
A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha organización que protexe e asesora aos usuarios e aos dereitos que estes teñen ante todo tipo de comercios.
Deste modo, según explican dende a súa páxina web, a OCU é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudarlles a resolver os seus problemas de consumo e a facer valer os seus dereitos fundamentais como consumidores. Así mesmo, a OCU é unha asociación española.
Polo tanto, parece que se trata dunha organización que se pon ao servizo de todos os usuarios cando estes teñen algún problema relacionado con algún produto que compraran, sexa na tenda que sexa e da forma que sexa.
- Cres que é un labor importante?
Sí, desenvolve unha labor fundamental na defensa dos intereses dos consumidores e usuarios fronte aos abusos practicados polas empresas na súa práctica comercial.
Por exemplo, nos supostos de facturación abusiva por parte de compañías eléctricas, de telefonía, de banca, que recurrindo a prácticas enmascaradas e confusas, adícanse a estafar pequenas contías pero a unha multitude de clientes. É dicir, por exemplo se Telefonía está estafando aos seus clientes cobrándolle a cada un 1€ máis en cada factura, ningún destes o denunciará, xa que irían a xuízo e polo custo deste, o usuario acabaría perdendo cartos. Pola contra, neste tipo de supostos á OCU recoñóceselle legalmente capacidade e lexitimidade para actuar xudicialmente en representación do conxunto da cidadanía.
Outra actividade importante que desenvolve é a elaboración de informes e estudios sobre a calidade e outras características dos produtos que se poñen á venta por parte dos establecementos mercantís ou comerciais, xa sexa denunciando defectos ou mesmo perigos que representan para determinados colectivos como poden ser os xoguetes, polo seu tipo de compñentes (químicos, físicos – pezas moi pequenas-, etc…).
A súa labor resultou fundamental a efectos informativos no tocante aos dereitos dos consumidores e nas tempadas de rebaixas clásicas que se reiteran cada ano en determinadas datas, ao poñer publicamente de manifesto que os produtos ofertados tiñan que ser da mesma calidade, e non confeccionados con distintas características.
- Que son as marcas blancas?
Unha marca branca é unha marca pertenecente a unha cadea de distribución (xeralmente, hiper ou supermercado, pero tamén de gran distribución especializada) coa que se venden productos de distintos fabricantes. O punto de partida foi alá polo 1975, co que se denominou "producto libre", sendo o lema do seu lanzamento: "Igual de boas que as grandes marcas e máis baratas (pois non hai gastos de publicidade)". O seu nome procede de que nun principio os envases eran brancos, aspecto que hoxe en día mudou.
Seguro que moitos consumides marcas brancas: iogures do DÍA, ou tomate FROID, etc. Pero sabedes quen fabrica ese producto? Pois, na maioría dos casos, as marcas que están nos estantes e que custan máis: Leite Celta, Campofrío, El Pozo,...
- Como e por que cambiou a súa importancia no carro da compra?
A importancia das marcas brancas cambiou moito e está a cambiar nestes últimos tempos debido a criste económica. A crise agudiza o inxenio dos compradores: mercar o máis barato posible. Neste contexto, aínda que levan moito tempo no mercado, a solución é acudir ás marcas brancas, xa que son máis baratas e prácticamente da mesma calidade que os outros produtos que teñen unha marca Premium.
- Como é a campña de Danone e como se relaciona con todo o anterior?
Cando falamos da campaña de Danone estamos a referinos aos anuncios de televisión qe mostrou un tempo atrás en contra das marcas brancas. Este grupo pretende mostrar que tras unha marca se encontra un gran esforzo de desarrollo e investigación e unha calidade garantizada.
Na súa campña di que Danone non fai produtos para outras marcas, isto é inadmisible para o grupo xa que supón para eles un modo de infravalorar o traballo que hai tras a marca de calidade. Por eso nas campañas publicitarias de televisión dalgúns produtos como Activia, Danonino, Danacol ou Actimel van acompañadas dunha mensaxe moi clara “ Danone no hace productos para otras marcas”.
Esta loita entre as marcas de prestixio e as marcas brancas salta agora a luz debido á crise económica que estamos atravesando, xa que estas últimas axústanse mellor ao bolsillo do consumidor, que busca produtos de calidade a baixo prezo. Ante isto Danone para defender os seus produtos xustifica que a calidade das marcas brancas se reduce significativamente e xustifica así o prezo dos seus produtos coa maior calidade e exclusividade, “’Si quieres el sabor Danone deberás comprar productos Danone y no los encontrarás disfrazados bajo otra marca”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario