Entendendo a vaca como unha escusa, podémola definir como as xustificacións que damos para explicar unha determinada situación.
Deste xeito hai moitos tipos de vacas, os máis comúns os que citarei a continuación:
- Vacas “xustificadoras da mediocridade”: Son obstáculos que nos paralizan e nos impiden mellorar.
- Mal de moitos, consuelo de tontos.
- Non saco moi boas notas, pero para o que estudio, ben me chegan.
- O importante non é a cantidade, senón a calidade.
- Encantaríame facer unha viaxe a Londres pero non podo porque teño moito traballo e non podo perder o tempo.
- As vacas de “a culpa non é miña”: Excusas que poñemos para desfacernos da nosa responsabilidade e culpar a outros polos noso actos ou para evitar compromisos.
- Chegaches moi tarde e a esa hora eu xa volvera para a casa.
- Eu estudiei moito pero a profe puxo o exame moi difícil e suspendemos todos.
- Ía poñer a mesa pero chamáronme por teléfono e tiven que atender outros asuntos.
- Salín da casa con tempo pero había un tráfico terrible.
- As vacas das falsas crenzas: Son mentiras que de tanto oílas e repetilas acabamos asimilando como se foran verdade.
- Eu quería que me tocara a lotería pero non a xogo porque como a meus pais nunca lles tocou a min tampouco me vai tocar.
- Non é máis rico o que máis ten, senón o que con menos se conforma.
- Non me gusta ir a casa da miña tía porque ten un gato negro e danme medo.
- As vacas que buscan escusar o inescusable:
- Non empezamos a facer o traballo porque faltaba un compañeiro e o mellor lle parecía mal.
- Non fixen a cama en todo o día porque viñeron unhas amigas e non tiven nin cinco minutos libres.
- Non lle dei de comer o can porque me parece que está moi gordo e ten que adelgazar.
- Aínda que estaba chovendo non collín a roupa do tendedeiro porque me pareceu que podía parar axiña.
- As vacas da impotencia:
- Non se me dan ben as matemáticas e non hai nada que facerlle.
- Non serve de nada intentar deixar de comer as uñas, pois miña irmá intentouno e non o conseguiu.
- Para que vou estudar se o meu destino é traballar na tenda igual que fixo meu pai.
- Se o neno se perdeu so no bosque non é culpa nosa, o único que podemos facer e esperar a que Deus o traia de volta.
- Se o coche non encende, non te desesperes que o último que se perde é a esperanza.
- Hai que ter fe e pensar que no máis alá seremos recompensados por todo o noso sufrimento.
- As vacas do autoengaño:
- Podíache gañar perfectamente, pero dábasme pena e deixeiche gañar a ti.
- Que maliña estou e que pouco me queixo.
- Eu copio e aprobo moi ben todos os exames, son o máis listo da clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario