Este conto trata sobre a sorpresa que lle causa a un discípulo o comportamento do seu maestro. Ao falar do comportamento refírome aos feitos que leva a cabo na historia que se nos conta, que ten como protagonistas a unha familia moi pobre e a súa vaca.
Esta familia vivía nunhas condicións moi precarias e de miseria, o único que posuían, e o que aparentemente os separaba dunha situación de miseria total, era unha vaca. Esta vaca, aínda que moi fracucha, era a que alimentaba a familia enteira coa pouca leite que daba.
Un día un maestro e o seu discípulo comezaron unha camiñata en busca dun dos lugares máis pobres e desolados da provincia. O obxectivo que perseguía o maestro era ensinarlle ao xoven como superar os obstáculos que nos impiden triunfar na vida.
Cando encontraron esta vivenda e aos seus donos o rapaz quedou impresionado pola situación na que vivían, pero o que o sorprendeu realmente foi como actuou o seu maestro. Este, matou a vaca que tiñan sen que ninguén o soubese, e logo marcharon os dous, aínda que non coa mesma tranquilidade. O maestro ía contento e seguro de que esa vaca significaba a miseria para a familia e que dende entón eles sabería saír cara adiante e formar un futuro mellor, mentres que para o discípulo, o que acababa de presenciar era a ruína total desa familia.
Un ano máis tarde maestro e discípulo volveron por alí, para ver cal fora o destino da familia. O discípulo esperába o peor cando ao chegar a esas terras viron unha casa grande e de maior calidade. Decidiron entrar e preguntar polos anteriores donos do terreo cando para a sorpresa do rapaz, descubriron que eles mesmos seguían sendo os donos da que agora era unha mellor casa, con máis terras, etc…
Os dous viaxantes preguntaron como fixeran posible aquelo, ao que o home respondeu con moito esforzo, traballo e ganas de saír adiante. E enseguida lles relatou os feitos que lles aconteceran ao pouco de se marcharen eles, ignorando que estes dous foran os causantes de todo. Tras contar a historia, o home concluíu que esa vaca, a súa única posesión, era a que lles impedía loitar por unha vida mellor, xa que eles eran capaces de sobrevivir co que tiñan e non se esforzaban en mellorar.
Para entender cal é a ensinanza que o maestro pretendía retransmitirlle ao seu discípulo, ou o que é o mesmo, a moralexa do conto, temos que ser capaces de ver á vaca como unha escusa. Deste modo podemos entender que ao desfacerse desa vaca, deso que nos bloquea, que nos paraliza e non nos deixa actuar libremente, podemos mellorar e conseguir os nosos obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario