sábado, 9 de abril de 2011

SOLUCIÓN Á CRISE!

   Tras leer o artigo sacado da revista “El Capital”, setembro de 2009 contestarei as seguintes preguntas que se plantexan sobre el.

   Que paralelismos pretenden establecer os autores do artigo entre a situación económica de España e estes xogadores?
   Eu penso que a relación que se establece entre a situación económica de crise que está a vivir España na actualicade e a destes dous magníficos deportistas atopámola mirando cara ao pasado e ao presente na carreira profesional dos dous deportistas e na historia (dende un punto de vista económico) do país.
   No artigo coméntase como estes xogadores tiveron que loitar para chegar ata onde se atopan hoxe. Comezaron pouco a pouco e alcanzaron o éxito moi novos, pero a pesar diso eles seguen a ter un punto de vista humilde e viven como calquera outra persoa, cos pes no chan. Tanto un coma o outro, recoñecen que non foi doado chegar ata aquí e costoulles moito, pero con esforzo, sacrificio e confianza nun mesmo, combinado con algo de talento podemos conseguir as nosas metas. Para gañar primeiro tiveron que perder, e aprender dos seus propios erros.
   Polo contrario, o que se di da economía española é que ao longo da historia sempre foi un modelo a seguir, xa que estaba por enriba da media e os empresarios españois críanse a envexa de Europa. Sen embargo, coa caída do boom inmoviliario caeu tamén a economía española xa que non contaba cunha base sólida qe avalase o crecemento dos anos anteriores.
   Neste artigo aconséllaselles aos empresarios españois que tomen exemplo dos dous grandes deportistas, Rafael Nadal e Pau Gasol, e que se diexen de discursos victimistas e en desánimo que só consisten en poñer escusas de por que motivo chegamos a situación actual, que afronten os novos tempos tratando de superar as dificultades, aprendendo dos propios erros e con optimismo para saír adiante, porque queixarse nunca aporta solucións ao problema.
 
   Cales cres que son as ideas máis importantes que aportan estes xogadores?
   Na miña opinión as ideas máis interesantes que aportan estes xogadores son, en primeiro lugar, que hai que aprender das derrotas e non só das victorias, e tanto nun caso como no outro aceptar o que toque con serenidade. 

   Tamén me parece que é importante mencionar o que di o tío de Rafa Nadal, temos que aprender a asumir os nosos erros e a non poñer escusas ás derrotas, porque pode que non sempre sexan por culpa nosa, pero normalmente si o son, e todos temos a nosa responsabilidade, se asumimos as vitorias debemos asumir os fracasos.

   En segundo lugar, paréceme moi interesante a idea aportada por Pau Gasol, na que di que nos malos momentos debemos adoptar unha actitude positiva, traballar aínda máis duro que antes para reconducir a situación, e “partido a partido” relativizar as cousas negativas.

    Dende este punto de vista, podemos crecer, mellorar e saír adiante, o que fixeron estes dous grandes deportistas, e o que teñen que facer os empresarios españois para saír dunha vez por todas desta crise económina.